EOI de Vigo EOI de Vigo Consellería de Educación

 PREGUNTAS FRECUENTES

RELATIVAS Á OFERTA EDUCATIVA E Á MATRÍCULA

 
Que idiomas podo estudar na EOI de Vigo?
Alemán, chinés, español, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés.
 

 

Que idiomas podo estudar nas seccións da EOI de Vigo?
 
- Cangas: francés e inglés
- Coia: alemán, francés, inglés e italiano
- Nigrán: inglés
- Ponteareas: inglés
- Redondela: inglés
- Tui: francés, inglés e portugués

 

Cando se poden iniciar os estudos na EOI e en que idioma/s?
- A partir dos 14 anos (cumpridos no ano natural), nun idioma distinto ao que se cursa como primeira lingua na ESO.
- A partir dos 16 anos (cumpridos no ano natural) , calquera persoa en calquera idioma.

 

Como se accede aos estudos da EOI?
- Por proba de clasificación: se vostede ten coñecementos do idioma, debe presentarse á proba de clasificación, realizando previamente a correspondente matrícula.Con esta proba vostede poderá acceder a calquera dos niveis segundo os seus coñecementos. Prazo de matrícula do 15 ao 30 de maio
- Por validación: pode consultar a táboa oficial de validacións para acceder a cursos superiores dun idioma.
- Pódese acceder a Intermedio 1 de Inglés ou Francés tendo cursado o Bacharelato ou equivalente con este idioma como primeira lingua estranxeira e estando en posesión do título.
- Pódese acceder a Básico 2 de Inglés ou Francés tendo cursado a ESO ou equivalente con este idioma como primeira lingua estranxeira e estando en posesión do título.

 

Que teño que saber sobre a matrícula?
- Matrícula oficial: faise en dous períodos: xuño-xullo e setembro nas datas que estableza cada ano a circular de matrícula.
- Matrícula libre: realízase durante os meses de marzo ou abril, segundo as datas que envía a Consellaría. Nesta modalidade o alumnado só ten dereito a facer o exame, non hai clases nin titorías. As probas libres coinciden coas de certificación dos oficiais e fanse ao rematar de cada nivel (Básico, Intermedio, Avanzado).
- Renuncia á matrícula: pódese renunciar á matrícula ata o día 30 de abril. Chega con solicitalo por fax, mail ou na administración da EOI, especificando os seguintes datos: nome completo, DNI, idioma e curso. A renuncia a matrícula oficial serve para non esgotar convocatorias, mais non implica a devolución de taxas.
- Convocatorias: cada persoa ten dereito ao dobre de matrículas que cursos ten o nivel e cada matrícula da dereito a un exame ordinario en xuño e un extraordinario en setembro. DOG, 9 outubro 2007, RD 191/2007: “A permanencia en cada nivel das ensinanzas de idiomas na modalidade presencial será, como máximo, do dobre da duración establecida na normativa vixente para cada nivel dos diferentes idiomas”.

 

Canto custa a matrícula de cada curso na EOI?
- A matrícula é anual e os prezos establécense segundo o Decreto 89/2013.
- Devolución de taxas: só se ten dereito a devolución de taxas cando a EOI non preste o servizo que vostede pagou (cambios de horarios por parte da EOI ou anulación dun curso por falta de alumnado, etc.).
- Consulte AQUÍ máis información sobre taxas.

 

Que tipos de cursos e horarios existen na EOI?
- Cursos anuais: son cursos presenciais, con clases de hora e media, tres días por semana e cursos de dous días de dúas horas e cuarto.
- Cursos a distancia: só existen en inglés (That's English). Ten titorías de asistencia voluntaria unha vez á semana (1 hora e media), o resto é traballo autónomo co material de That's English e programas de televisión (canle 2).
- Cursos monográficos en colaboración con outras entidades. Neste  grupo encádranse: os cursos de idiomas para profesores incluídos no programa do CFR, cursos de linguaxe administrativa galega, cursos de inglés audiovisual (en colaboración co Consorcio Audiovisual de Galicia), cursos CELGA (cursos preparatorios para a obtención de certificados de lingua galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de  Política Lingüística). As convocatorias son específicas, poden estar ou non subvencionados, en función da existencia de convenios cos organismos cos que se colabora.