EOI de Vigo EOI de Vigo Consellería de Educación
Matrícula

 

Información xeral

  

A matrícula en modalidade oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir presencialmente aos cursos ordinarios que se desenvolven de setembro a xuño cunha duración de 130 horas. A EOI de Vigo ofrece estudos en modalidade oficial para 9 idiomas.

 

A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse aos exames para certificar a súa competencia nalgún/s dos 9 idiomas que ofrece a EOI de Vigo. As certificacións do Marco europeo común de referencia para as linguas que ofrece o noso centro son: A2(nivel básico), B1 (nivel intermedio), B2 (nivel avanzado, agás Chinés e Xaponés) e C1 (galego e inglés).