Skip to Content

Datas das probas de certificación ordinarias e extraordinarias

Con data 22 de marzo publicouse no DOG a Instrución 1/2024 pola que se regulan as probas de certificación polo réxime oficial para o curso 2023/2024.  Nesta atópanse recollidas as datas das probas escritas nos niveis B2,C1 e C2, que se poden consultar aquí.

As datas das probas dos niveis A2 e B1, xunto coas datas das probas orais, serán publicadas con posterioridade.

 

Anuncios:

Está aberta a convocatoria das probas CELGA. Toda a información na Portal da Lingua.

Non hai clase na semana do 25, 26, 27, 28 e 29 de marzo. Non hai clase o luns, 1 de abril.

Na sede central non hai clase o martes, 2 de abril.

Italiano: Conferencia de Simone Negrin

O departamento de italiano presenta o xoves, 18 de abril ás 19:30 na Aula Polivaletne unha conferencia "raccontate da Simone Negrin"

Día da Poesía

Festexamos o Día da Poesía con 2 recitais. Queres recitar ti tamén?

Programa

No Recital Matutino, haberá actuación do Coro Linguas, e participación de alumnado e profesorado acompañado polo gran músico (e profesor de italiano) Fabio Angelli.

No Recital Vespertino contaremos coa participación de Poéticas Diversas: 

  • Lola Villar
  • Branca Trigo Cabaleiro
  • Isabel Moure Alonso
  • Laura Osorio
  • Lania Santana
  • Kseniya Babuskina
  • Montse Copa
  • Alba Pires
  • Iria Bragado
  • Andrea Suárez Baquero
  • Maribel González Muñoz

Mobilidades de alumnado, profesorado e persoal non docente 2023-2024

Acollida de alumnado de Clonakilty

Do 4 ao 8 de marzo, a EOI de Vigo en colaboración co Centro Social Rivera Atienza acolleu un grupo de alumnado de Clonakilty, Irlanda.

Coñeceron alumnado de inglés da EOI de Vigo, participaron en clases de manualidades, caligrafía, baile galego e español para estranxeiros.

Brindaron unha presentación fascinante sobre a elaboración do seu proxecto Clonakilty Through Textiles (adxunto a este artigo) e tamén abrumaron coas Pedras Ogham e un obradoiro de caligrafía gaélica (presentación adxunta).

 

Obradoiros 2023-2024

Os grupos de reforzo que ofertamos este curso son abertos ao alumnado matriculado en calquera curso.

Chinés Francés Inglés Portugués Xaponés

5.1 Club de Lectura: próxima lectura

No grupo da tarde, a xuntanza será o mércores, 27 de marzo ás 18h na biblioteca coa seguinte lectura: Plug and Play, antoloxía de ciencia ficción erótica.

No grupo da mañá, a xuntanza será o xoves, 28 de marzo ás 12h na biblioteca coa seguinte lectura: Plug and Play, antoloxía de ciencia ficción erótica.

Toda a información histórica e actual deste club de lectura: 

Consulte a aula do seu grupo

Onde está a túa aula? 

Consulta a guía de aulas e espazos da Sede Central da EOI de Vigo.

Consulte a sección de Ausencias do profesorado por se o seu grupo aínda non tivese profesor asignado e para comprobar a data de comezo das clases deste.

Sede central: Cursos ordinarios
Alemán Chinés Español
Francés Galego Inglés
Italiano Portugués Xaponés
Cursos non ordinarios: Monográficos e Obradoiros

Probas de CELGA: Convocatoria das probas de certificación - PRAZO ATA 5 de abril

Consulte aquí a convocatoria para obter os certificados de lingua galega dos niveis CELGA 1, 2, 3 e 4.

PRAZO: 14 de marzo a 5 de abril de 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut