EOI de Vigo EOI de Vigo Consellería de Educación
Resolución provisional - Convocatoria de bolsas ''Concello de Vigo''- Curso 2016-17 - VIII Edición

 

ACTA PROVISIONAL DA COMISIÓN DE VALORACIÓN

Convocatoria de bolsas ''Concello de Vigo''

para estadías lingüísticas no estranxeiro do alumnado da

Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) ano 2017

Xa pode consultar a Acta Provisional da Comisión de Valoración das solicitudes das Bolsas do Concello para alumnado da EOI de Vigo na presente convocatoria na web do Concello de Vigo. Pode acceder directamente ao enlace se preme aquí.

O prazo de presentación de reclamacións que deberá facerse a través do Rexistro Xeral do Concello, é ata o vindeiro venres 24/02/17; para con posterioridade facer novamente a proposta de resolución por parte da Comisión de Valoración para aprobación de acordo definitivo da Xunta de Goberno Local, que se trata do único órgano colexiado competente para a adxudicación destas bolsas municipais a favor dos beneficiarios/as dos distintos idiomas.

 
Concurso "Creo o logotipo" - Dpt de italiano

O departamento de italiano convídavos a participar no concurso:

CREA O LOGOTIPO PARA O NOSO DEPARTAMENTO

 

  • No deseño do logo poden participar todos os estudantes matriculados na EOI de Vigo en calquera lingua, aos ex-alumnos do Departamento de Italiano así como o persoal da mesma.O logo debe corresponder, interpretar e contextualizar o seguinte concepto: "25 anos de italiano na EOI de Vigo".

  • No deseño do logo poden participar todos os estudantes matriculados na EOI de Vigo en calquera lingua, aos ex-alumnos do Departamento de Italiano así como o persoal da mesma.

  • As propostas deberán ser enviadas por correo electrónico, antes das 12:00 horas do 31 de marzo 2017, ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . No correo electrónico, xunto co deseño do logo, deberase achegar obrigatoriamente a solicitude de participación ao concurso (que se pode descargar xunto coas bases de participación) debidamente cumprimentada.

  • Podes gañar 40 euros en material didáctico

 

Bases en italiano       Bases en galego

 

 
Obradoiros 2017

O Equipo de Dinamización Língüística da EOI de Vigo presenta a relación dos obradoiros seleccionados na convocatoria de 2017 e as datas de comezo.

 

NORMAS XERAIS

 

- GIMP (Retoque de imaxes con software libre)

XOVES, 16 FEBREIRO 17:00-18:30, Aula E1

 

- IMPROVISACIÓN ORAL (REGUEIFAS)

VENRES, 24 FEBREIRO 18:00-19:30 Aula S1

 

- A VIDA SECRETA DAS PALABRAS (Xogar coa linguaxe)

MARTES, 7 MARZO 17:00-18:30 Aula 12

 

- CONTAMINACIÓN LUMINOSA

ABRIL (pendente de confirmar datas)

 

- INICIACIÓN AO MUNDO DOS COGOMELOS

Inscripción o vindeiro curso (Outubro-Novembro 2017)

 

 
Cursos de Linguaxe Administrativa galega e CELGA ofertados na EOI de Vigo

Para consultar as listaxes de admitidos nos cursos de Linguaxe Administarativa e CELGA que darán comezo en febreiro de 2017 prema nos seguintes enlaces:

Listaxes de admitidos nos cursos CELGAS 2, 3 e 4

Listaxes de admitidos nos cursos Linguaxe administrativa galega, niveis medio e superior

ACTA DO SORTEO

 

 
PRIMEIRO CLUB DE LECTURA ONLINE EN INGLÉS

ata double spirals with reference rO Departamento de Inglés convida a toda a comunidade escolar (con nivel mínimo intermedio de inglés) a participar no primeiro club de lectura online sobre o tema da arte na web titulado “Art Theory and Appreciation” (ATA). Para participar, tes que rexistrarche aquí co teu nome e unha contrasinal para poder acceder a Aula Virtual da EOI de Vigo e despois enviar un email á dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo co asunto “Online Reading Club ATA”. Tes ata o 10 de febreiro para apuntarche. O club de lectura terá lugar do 15 de febreiro ata o 31 de maio de 2017.

Cartel para descargar

Información para descargar

 
« InicioAnterior12SeguinteFinal »

Páxina 1 de 2