EOI de Vigo EOI de Vigo Consellería de Educación
Concurso "Creo o logotipo" - Dpt de italiano

O departamento de italiano convídavos a participar no concurso:

CREA O LOGOTIPO PARA O NOSO DEPARTAMENTO

 

  • No deseño do logo poden participar todos os estudantes matriculados na EOI de Vigo en calquera lingua, aos ex-alumnos do Departamento de Italiano así como o persoal da mesma.O logo debe corresponder, interpretar e contextualizar o seguinte concepto: "25 anos de italiano na EOI de Vigo".

  • No deseño do logo poden participar todos os estudantes matriculados na EOI de Vigo en calquera lingua, aos ex-alumnos do Departamento de Italiano así como o persoal da mesma.

  • As propostas deberán ser enviadas por correo electrónico, antes das 12:00 horas do 31 de marzo 2017, ao seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . No correo electrónico, xunto co deseño do logo, deberase achegar obrigatoriamente a solicitude de participación ao concurso (que se pode descargar xunto coas bases de participación) debidamente cumprimentada.

  • Podes gañar 40 euros en material didáctico

 

Bases en italiano       Bases en galego

 

 
CLUB DE LECTURA EN ALEMÁN

 A profesora Roswitha Althoff é a responsable de levar adiante o Club de Lectura de Alemán. Estas son algunhas fotos da actividade na última sesión do 9 de febreiro:

 krimi-cs

IMG 0224s IMG 0244s
IMG 0225b IMG 0237s

 

 

 
CINE EN VERSIÓN ORIXINAL

Para consultar a carteleira de cine en Vigo programada en Versión Orixinal Subtitulada en Español (VOSE) do venres 17 ao xoves 23 de febreiro de 2017 , prema aquí

 
Semana Cultural Chinesa 2017
O departamento de Chinés convídavos ás actividades da SEMANA CULTURAL CHINESA:
 
Mércores 8 de Febreiro de 2017
Ás 18:00: Conferencia do experto en China Xulio Ríos: “Os retos de China no Ano do Galo”. Na Aula Magna da EOI de Vigo.
 
Ás 19:30:  Exhibición de caligrafía e pintura chinesa do pintor e artista chinés Yang Yuguang. Na Aula Magna
 
 
Xoves 9 de Febreiro de 2017
Ás 19:15: Conferencia - exhibición de Taichi. Na Aula Magna.
Dr. Ricardo Soto Caride: “Historia do Taichi e das artes marciales chinesas”.
 
 
Venres 10 de Febreiro de 2017
Ás 19:00 – 19:30: Melodía chinesa e clase aberta do instrumento chinés “erhu”. Galicia Fiddle. Na entrada da EOI.
Ás 19:30 – 20:00: Concerto de Aninovo Chinés, a cargo de Galicia Fiddle. Na Aula Magna.
 
 
 
CINE EN VERSIÓN ORIXINAL

Para consultar a carteleira de cine en Vigo programada en Versión Orixinal Subtitulada en Español (VOSE) do venres 10 ao xoves 17 de febreiro de 2017 , prema aquí

 
Aninovo chinés 2017

O pasado xoves 26 de xaneiro celebramos o aninovo chinés na Eoi de Vigo:

 

aninovo 1         aninovo2
aninovo3     aninovo4

 

Aquí o vídeo

 
Encontro con Ramón Nicolás: martes 14 de febreiro, 18:00h, sala do profesorado

O Club de lectura 5.1 invítanos a todo o alumnado e persoal da EOI a participar no encontro co crítico literario, profesor e escritor Ramón Nicolás para falarmos do seu libro O espello do mundo.

cartel r nicolas-foto

 

 
GRUPOS “CONVERSA EN...”

GRUPOS “CONVERSA EN...”                       Data de comezo: a partir do 6 de febreiro

Intercambio cultural e idiomático entre alumnado non español e o resto do alumnado.

Prácticas de conversación entre alumnado de niveis avanzados e niveis básicos

A EOI de Vigo anima ao alumnado de español a ser “dinamizadores” dun grupo “Conversa en...” no seu idioma nativo e ao alumnado de nivel Avanzado 2 e C1 doutros idiomas a compartir os seus  coñecementos con niveis máis básicos.

@s “alumn@s dinamizador@s>dun grupo “Conversa en...” serán alumnado da EOI de Vigo nativo dalgunha das linguas que se imparten na EOI ou nativo doutras linguas non impartidas así como alumnado de nivel Avanzado 2 ou C1 que se fagan responsables dun grupo de práctica de conversación.

@s alumn@s que queiran ser “dinamizador@s” dun grupo “Conversa en...” deben presentar na conserxería ou na vicedirección unha breve proposta (formulario na conserxería e máis abaixo) especificando o idioma, o nivel e os posibles temas nos que se poderían centrar as sesións do seu grupo así como un enderezo de e-mail para que o alumnado interesado se poña en contacto coa persoa dinamizadora.

Cada asistente contribuirá cunha cantidade simbólica de 1€ por sesión que entregará ao alumno/a dinamizador/a.

Ao dinamizador con máis sesións e máis asistentes de media premiaráselles cun vale de 25 euros en libros ao finalizar o curso.

A EOI publicará a partir do 13 de xaneiro unha listaxe que se actualizará regularmente cos grupos “Conversa en...” da EOI con información sobre idioma, horario, lugar e data de comezo e o contacto do dinamizador.

 

Para saber máis e coñecer os detalles e condicións, le as  NORMAS XERAIS e descarga o FORMULARIO DE PROPOSTA.

Para seguimento e optar ao premio debe cubrirse cada semana a seguinte FICHA DE SEGUIMENTO/SEGUIMIENTO.

EN ESPAÑOL: Para saber más y conocer los detalles y condiciones lee las NORMAS GENERALES y descarga el FORMULARIO DE PROPUESTA.

Data de comezo: a partir do 6 de febreiro

(Comprobar cambios nos seguintes enlaces)

PROPOSTAS DE GRUPOS PARA IDIOMAS IMPARTIDOS NA EOI

PROPOSTAS DE GRUPOS PARA OUTROS IDIOMAS NON IMPARTIDOS NA EOI

 

 NOTA 1: Pode que algún dinamizador non tivera o seu email correcto ou tivo que ausentarse uns días. 

 NOTA 2: Gustaríanos tamén ter algún/ha dinamizador/a de galego e español para os niveis básico e intermedio destas linguas.

 
EOI SOLIDARIA – NADAL 2016

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo ven de poñer en marcha diversas accións solidarias tanto na Central como nas Seccións de Coia, Cangas e Ponteareas.

Na Sede Central celebramos un magosto solidario o 10 de novembro organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDL) coa colaboración da Asociación de Alumnado da EOI, da Asociación de Veciños do Calvario e o seu grupo de Pandereteiras, e do noso grupo musical Os Guiris. Nese día inauguramos tamén o mercado solidario de libros de segunda man doados pola Biblioteca da EOI e polo alumnado e traballadores do centro. O mercado estivo aberto ata o último día de clase antes de Nadal.

A recadación obtida neste mercado de libros e o magosto solidarios realizados na Sede Central da EOI de Vigo, xunto coa doazón de 27 do alumnado de Chano Sanmamed do Departamento de Inglés, elévase a

2.341,04

 

A totalidade da recadación foi entregada pola coordinadora do EDL, Esther Álvarez a Intermón-Oxfam a beneficio dos damnificados polo furacán Mathiew en Haiti. O acto de entrega tivo lugar no vestíbulo da EOI o mércores 21 de decembro coa presenza de representantes de toda a comunidade educativa e das asociacións que colaboraron nesta acción solidaria.

  mercado solidario 2016 solidario Oxfam5

GRAZAS A TODOS POLAS VOSAS DOAZÓNS E A VOSA COLABORACIÓN

E BOAS FESTAS!

__________

Ademais, o pasado mes de decembro na Sección da EOI de Ponteareas levouse a cabo unha recollida de alimentos solidaria en colaboración con Ponteocio, unha organización local sen ánimo de lucro:

PO-solidario

Así mesmo, no mes de decembro na Sección da EOI de Cangas levouse a cabo unha recollida de alimentos e xoguetes en Cangas solidaria en colaboración con dous establecementos da area a beneficio do  Comedor Social de Cangas, unha organización local sen ánimo de lucro:

CA-Recollida solidaria nadal 2016

Finalmente, tamén na Sección da EOI de Coia eestase a celebrar un mercado solidario solidaria a beneficio do Banco de Alimentos de Vigo.

CO Cartel -Receptión de material-Mercadillo Solidario Coia

Dende a EOI queremos dar as gracias a todos aqueles que colaboran nestas accións solidarias.

 
Nadal 2016 - Departamento de Inglés

Con ocasión do Nadal celebráronse nas aulas e nos distintos idiomas actividades relacionadas con esta celebración nas distintas culturas. 

A modo de exemplo, no Departamento de Inglés e en distintos grupos de Básico 2 organizáronse festas de Nadal con moita preparación didáctica previa para poder desenvolver toda a tarefa en inglés.

Para ilustralo, mostramos algunhas fotos das actividades dun grupo de Chano Sanmamed de Básico 2 de Inglés no que se fixeron diversas actividades, dende deseñar pósters anunciando a festa ata escribir e aceptar ou rexeitar invitacións, traballáronse receitas de cociña e houbo un concurso de sobremesas, aprendéronse panxoliñas en inglés e xogaron ao Secret Santa para averiguar quen lles tiña mandado a felicitación de Nadal.

nadal-grupo-chano   nadal1-chano

Para ver máis fotos prema aquí

 
INSTALACIÓN ARTÍSTICA - DEPARTAMENTO DE INGLÉS

A artista estadounidense Elizabeth Groth, auxiliar lingüístico no Departamento de Inglés durante o curso 2016-17, expón unha das súas creacións artísticas nas escaleiras centrais de EOI  desde o 5 decembro ata finais de xaneiro. A continuación mostramos unha fotografía e o póster de presentación da artista.

 

Install-EOIposter-Groth Install-EOIphoto-Groth-r

Para saber máis de Elizabeth Groth  preme aquí.

 

 

 

 
HOMENAXE A SHAKESPEARE E R. DAHL - DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Para despedir o 2016, ano no que se celebrou o IV Centenario do pasamento de William Shakespeare e o I Centenario do nacemento do escritor Roal Dahl, o Departamento de Inglés quixo facer unha homenaxe aos dous escritores no vestíbulo da EOI-Central:

Shakesp-Dahl-E

 
SUPERSTICIONES - DEPARTAMENTO DE ESPAÑOL PARA EXTRANJEROS

Mostramos o resultado exposto no vestíbulo da EOI de Vigo da actividade do Departamento de Español coincidindo co martes 13 de decembro de 2016 sobre diversas supersticións nas distintas culturas do alumnadoEspañol supersticiones-e

 
HOMENAXE A DARIO FO - DEPARTAMENTO DE ITALIANO

Tras o pasamento no 2016 do Nobel de Literatura Darío Fo, o Departamento de Italiano quixo facer unha homenaxe ao autor coa proxección da película Darío Fo si racconta e outras actividades nas aulas e no vestíbulo da EOI-Central

ITALIANO -D FO

 
VIAXE A GALES E SUR DE INGLATERRA

PRAZO AMPLIADO ATA FINAIS DE XANEIRO 2017

O Departamento de Inglés quere informar a toda a comunidade usuaria da EOI de Vigo da viaxe a Gales e Sur de Inglaterra que está a organizar. Para máis información preme aquí

CARTEL EOI PAIS DE GALES Y SUR INGLATERRA

 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 1 de 13